18/3/24

Vai collendo forma!

 








O pasado martes, día 12 de Marzo, reunímonos os membros da Microrrede para saber cómo ía o traballo colaborativo. Ainda que é un traballo no que nos poñemos ao día vía Google Drive todas as semanas, precisábamos concretar certos puntos que aínda non estaban claros e outros, que tivemos que modificar. 


Logo, falamos sobre a exposición individual. Os centros xa van elexindo temáticas, en torno ao tema inicial proposto, van saíndo novas para tratar: formato, divulgación, espazos, materiais, ...
Vamos en camiño, nun mes voltamos a reunirnos e o traballo colaborativo, xa estará rematado! 

30/1/24

Día da paz. Bandeiras brancas para a infancia

 

Este ano polo día da Paz,  centros da Microrrede de bibliotecas da Mariña izamos bandeiras brancas para a infancia. Unha iniciativa promovida por UNICEF e que abordamos nas aulas. A bandeira branca é un símbolo cultural e universalmente recoñecido de tregua e negocación pacífica e a súa importancia radica no seu valor como instrumento para favorecer a escoita, establecer acordos e “facer as paces”. O uso da bandeira branca é, á súa vez, unha oferta e unha petición de confianza: quenes a usan, compremétense a non atacar e confían en non ser atacados. É dicir, este símbolo é tan poderoso, porque sen confianza, non habería unha paz duradeira.

Algunhas das iniciativas propostas son as seguintes:

  • A EOI de Viveiro izou a súa bandeira creando role playing co seu alumnado con casos de resolución de conflictos ( en inglés, francés, italiano e alemán).


  • O IES Vilar Ponte crea grúas da paz no taller de Origami da Biblioteca. Dende os departamentos de lingua e literatura participarán coa creación de haikus sobre a Paz e dende as titorias faran bandeiras pola Paz.


  • No CEIP de Celeiro optamos por un obradoiro de cores. Cores pola Paz. O voluntariado  de Biblio, creou un mural representativo cheo de corazóns de paz e q posteriormente, deixarémolo enmarcado nunha chapa feita dentro da Aula de Polos.

  • No IES Illa de Sarón izaremos unha bandeira branca na zona exterior, dende as titorías elaborarán uns manifiestos para ler o día 30 e levarán bandeiras pola Paz; o alumnado pintará tamén unha pomba nunha tea branca grande e dende o departamento de Lingua castelá participarán cunha actividade de expresión escrita na que reflexionarán sobre os temas seguintes:
    • - ¿De qué forma se ven afectados los niños y las niñas por la guerra, el hambre y las migraciones? 
        - ¿Crees que los seres humanos pueden llegar a entenderse y vivir en paz? 
          - ¿Qué significan la paz, la justicia y la libertad para ti?


          • Dende CEIP de Cervo faremos a actividade “Chios pola Paz” os cales pegaremos nunha bandeira branca que poñeremos no patio interior!
          • No San Roque a actividade traballamos diferentes simbolos da Paz , cos que faremos o luns un mural,e a bandeira branca como a máis importante e necesaria nestes momentos. Izaremos a bandeira branca e encheremos o centro de bandeoras brancas como símbolo da necesidade dun "ALTO EL FUEGO" no mundo.
          • No CEIP Península da Paz, faise como actividade da Paz facemos Xogos cooperativos pola Paz, xa que o noso proxecto vai dos xogos e despois facemos un tipo scrabble.
          • No CEIP de Ferreira do Valadouro fixemos bandeiras brancas decoradas cada un na sua clase ao seu xeito. Esas Bandeiras imolas colocar ao Redor do colexio ao Redor no muro e colgadas con pinzas.
          • No Ceip  Plurilingüe Gregorio Sanz fixemos un mural dos símbolos da paz e o seu significado. Cada nivel tiña un símbolo repartido polo equipo de biblioteca e teñen que decoralo e escribir o seu significado. Participa todo o cole infantil e primaria. Fixemos cada neno/ a a súa bandeira branca  e as imos a colocar polas diferentes estancias  do centro. Na farola que está diante do cole poremos unha bandeira grande e no mástil provisional q temos outra. Cada curso baixará a visualizar o mural conxunto o martes.
          • No C.E.P Lois Tobio cada nivel fai a súa bandeira co seu símbolo e vamos colgalas nas  verxas de fora para que se vexan desde o paseo marítimo,tamén ese día da paz temos a carreira solidaria e levaremos uns minis banderíns para animar
          • Na E.E.I. San Roque fíxose un Obradoiro de bandeiras brancas da paz. Mañá extendéremolas polo cole para visibilizar a  petición da necesidade dun "alto el fuego" no mundo.

          12/12/23

          Segundo traballo colaborativo da Microrrede

           O martes, 12 de Decembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para continuar o proxecto da Microrrede. 

          Tralo éxito do primeiro traballo colaborativo realizado entre as bibliotecas de A Mariña ( conto colaborativo do 2023), este ano, decidímos apostar por unha nova edición. 

          Esta nova aposta, que ven cargada dun traballo grupal, coordinado e xestionado polas e polos encargados das bibliotecas escolares, que terá unha forma e unha temática completamente diferente á do ano anterior. 

          Nesta xuntaza, acordamos cómo se dividiría o traballo, en qué consistiría e qué materiais empregaríamos para levalo acabo. 

          En Marzo teremos outra reunión para saber cómo vai o proxecto colaborativo e máis a exposición do traballo individual. 

          Moito ánimo e saúde!

          7/11/23

          Explorando o noveno arte, comezamos un ano máis!

          O martes, 7 de Novembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto, sendo este o décimo terceiro.

           
          A reunión realizada de forma presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.
          O obxectivo central desta nova edición é aportar dinamismo e potenciar o lema do 2023-2024 das bibliotecas escolares: unha biblioteca escolar en viñetas. Poñendo así o foco en todas as posiblidades que nos ofrece a banda deseñada tanto no disfrute do lector como na aprendizaxe curricular en todas as etapas educativas.
          Así pois, este curso, o obxectivo da microrrede é poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
          Uniremos esta idea, á par que os nosos centros, como levamos facendo tantos anos. Cada centro poderá adaptar este obxectivo ao seu PDI ou a outros proxectos.
          Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.
          No vindeiro trimestre teremos máis reunións, na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.
          Moito ánimo e saúde!

          11/5/23

          Acto de Clausura da exposición EscribirARTE na Mariña

          Clausuraron a xornada de hoxe as compañeiras Paula do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e María do CEIP O Vicedo con duas representantes do alumnado excepcionais chamadas Noa e Nora que exemplifican á perfección o espírito desta exposición.

          Acompañaron o acto o cuarteto de clarinetes do Conservatorio de Viveiro.

          Mención especial ás compañeiras que levan 12 anos de traballo na Microrrede: María Rolle e Marta Pérez.

          Accede ao albúm de fotos aquí.

          Representación teatral a cargo do IES Alfoz-Valadouro

          No derradeiro día da exposición "EscibirArte na Mariña" creada pola microrrede, o alumnado de 2° de ESO do IES de Alfoz Valadouro fixo unha representación para os centros que tivo por título: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? 
           🎭Representadado por: María Carballo, Silvia Fernández, Celia Fernández e Paz Quiroga, alumnas do IES de Alfoz- Valadouro. 
           🕒12:00h 
           📍Teatro Pastor Díaz
          🖌️ Ilustración do cartaz: Irene Paz ( 1° ESO) 


          10/5/23

          Dinamización a cargo da EEI San Roque

          O EEI San Roque fixo unha representación de monicreques da obra "Cocorico" para un público entregado. Parabéns!


          9/5/23

          Dinamización a cargo do coro CEP Lois Tobío

          Na xornada de hoxe, o coro do Lois Tobío encheu de música a sala da exposición e amenizou a tarde cunha actuación espectacular.

          Parabéns pola actuación e polo bo facer. Parabéns tamén ao seu profesor Iván.



          A exposición da Microrrede " EscribirArte na Mariña na prensa


          A prensa faise eco da inauguración da Exposición da Microrrede "EscribirArte na Mariña" .







          Inauguración da exposición " EscribirArte na Mariña "

          Este Luns inauguramos a exposición 

          Na tarde do luns, 8 de maio, realizamos o acto inaugural da Exposición Conxunta "Escribir ARTE na Mariña ".

          Nesta ocasión, acompáñanos no acto de inauguración Dª María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro, Dª María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, estivo connosco Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte. Representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. Facendo a función de Mestres de Cerimonias Marcos e Ana, coordinadores das bibliotecas do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte respectivamente; con gran ilusión e abrumados pola gran acollida, demos por inaugurada a duodécima convocatoria da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.

          Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falou da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentounos o seu próximo traballo.
          Tivemos tamén a actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.






          Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

          5/5/23

          Montando a exposición "EscribirARTE na Mariña"

          Hoxe, os membros da Microrrede reunímonos para facer a última achega da exposición: EscribirArte na Mariña

          Un total de 16 obras moi orixinais e con diferentes técnicas  expostas e un traballo colaborativo que agardamos que sexa do voso agrado

          As obras que aí se presentan transpasan as paredes da sala de exposición. Grazas á linguaxe dos códigos QR, achegan o/a visitante a temáticas dispares traballadas nos proxectos .

          A exposición estará aberta ao público no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8 ao 11 de maio.

          Lembrade, inauguramos o próximo Luns ás 18:30h. Esperámosvos!

          2/5/23

          Convite e Programa EscribirARTE na Mariña

          Damos a coñecer o programa da nosa exposición anual que leva por título este curso "EscribirARTE na Mariña".

          A exposición conta con 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e dun conto artístico colaborativo. Poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8 ao 11 de maio.

          As obras que aí se presentan plasman a alma dos proxectos de centro. Novamente será a mestura de estilos tanto narrativos como artísticos  e de moita creatividade.

          PROGRAMA 

          LUNS 08/05/2023 
          ACTO DE INAUGURACIÓN 18:30h 
          • Discurso inaugural. 
          • Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falará da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentaranos o seu próximo traballo. 
          • Actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. 

          MARTES 09/05/2023 18:30h
          • Actividade dinamizadora do CEP Lois Tobío de Viveiro: - o Coro do CEP Lois Tobío 

          MÉRCORES 10/05/2023 18:30h 
          • Actividade dinamizadora da EEI San Roque de Viveiro: - Representación de monicreques : Cocorico 

          XOVES 11/05/2022 
          12:00h no teatro Pastor Díaz 
          • Actividade dinamizadora do IES Alfoz-Valadouro : - Representación de monicreques : Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?

          ACTO DE CLAUSURA 18:30h
          • Discurso de clausura.
          • Actuación musical do cuarteto de clarinete do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
          Esperamos vervos!!!

          CONTIDO DA EXPOSICIÓN:

          • EEI SAN ROQUE (Viveiro) : "Camiñando en familia", Arte coas palabras que camiñan xunto coas nosas familias cada día. 
          • CEP LOIS TOBÍO (Viveiro) : "Ás para crear", Recollida de información de aves da contorna. 
          • CEIP de CELEIRO (Celeiro-Viveiro) : "Celeiro, arte e poesía", As catro estacións con pura arte.
          • CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro) : "D-escribindo a Natureza", Covas achégase á experiencia innata da Biofilia. 
          • CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro) : "Unha carta para a muller da túa vida", A arte da correspondencia manuscrita. 
          • CEIP O VICEDO: "O Vicedo emocional"
          • CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove) : "Arquitectura para vivir", Vivendas polo mundo.
          • CEIP de CERVO (Cervo) :  "Museo das Letras"
          • CEIP Península da Paz (San Cibrao): "Unidos pola Península Da Paz: recunchos e encantos da nosa vila."
          • CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela) : "Abre as portas da biodiversidade", flora e fauna que vive preto dos ríos e outras zonas de auga doce. 
          • IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro) : "Deconstrución artística", Reproducións de obras de artistas galegos reinterpretadas polo alumnado do centro.
          • IES VILAR PONTE (Viveiro) : "Illic et nunc: O ocio da Roma Antiga cun enfoque moderno. " 
          • IES ILLA DE SARÓN (XOVE) : "Arte para beber", Sorbos de lectura elaborados polo alumnado de PDC e dos grupos flexibles do centro.
          • IES ALFOZ VALADOURO: "Verbas no tempo", Dicionario ilustrado de palabras esquecidas da lingua galega.
          • IES MONTE CASTELO (Burela) : "EscribirArte. Mensaxes para derribar fronteiras"
          • IES PERDOURO (Burela) : "Latexos Verbais", Dar vida ás palabras de emocións positivas.
          • Conto colaborativo entre 17 bibliotecas PLAMBE da Mariña: "Rulando unha historia"


          28/4/23

          Cartel -EscribirARTE na Mariña

          Desvelamos o cartel da nova exposición da Microrrede! 

          Queremos agradecer ao alumnado do bacharelato de Artes do IES Monte Castelo pola participación e o seu bó facer e en particular a Claudia García López por brindarnos a portada que abre as portas ao noso traballo colaborativo. 

           📍Salón Multiusos do Concello de Viveiro 

          🗓️Entre o 8 e o 11 de Maio. 

          🖌️ Deseño do cartel: Claudia García López

          20/4/23

          Xuntanza da microrrede previa á exposición

          Na tarde do martes, 18 de abril, compoñentes da Microrrede, reunímonos para ultimar todos os preparativos necesarios para a realización da exposición conxunta do proxecto deste curso: EscribirARTE na Mariña. 

          Cada centro presentará un "cadro artístico" que se exporá no Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro, durante a semana do 8 ao 11 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.

          O Cartel anunciador da exposición estase elaborando a través de Departamento Artístico do IES Monte Castelo de Burela e xa por quinto ano consecutivo.

          Na tarde de onte tamén acordamos os diferentes actos que acompañarán á Exposición e que se recollerán nun programa que será divulgado a través das comunidades educativas de cada centro.

          • Inauguración e Clausura coas autoridades que nos acompañan ano a ano.
          • Actividades dinamizadoras:
            • Con  escritores recoñecidos.
            • Participación do Conservatorio de Música de Viveiro 
            • Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, contacontos,...

          É moita a ilusión posta neste proxecto, cunha novidade este ano, un traballo que se fixo con moto cariño e foi rotando de centro a centro para que o día da exposición o poidades disfrutar en conxunto. Que ganas de que o vexades!

          Seguimos a traballar nos centros para rematar todas as actividades de cada un dos proxectos que seguro serán moi creativos e vistosos.

          31/3/23

          Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2022-2023

          Esta semana celebráronse, no palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondientes ao curso 2022-2023, coa intervención de personas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. 

          Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).

          Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.

          Dentro destas intervencións atopamos as figuras de dúas das nosas compañeiras da Microrrede de A Mariña: 

          Eva, do IES Alfoz-Valadouro participou, na xornada de inauguración nun Coloquio de boas prácticas.

          Eva, sentada no medio do Coloquio

          Por outra banda, Karina, do IES Perdouro, de Burela, relatora dunha das charlas da xornada sobre o traballo por proxectos. 



          Robots do traballo por proxectos presentado por Karina


          Karina, sentada á dereita na intervención


          Foi unha xornada onde puidemos xuntarnos toda a microrrede, ata no almorzo.

          Parte da Microrrede no almorzo da xornada.

          Programa completo dos Encontros.

          16/11/22

          3 Centros da microrrede resultan GAÑADORES do VIII concurso de traballo por proxectos!


          3 Centros da Microrrede A Mariña, resultaron gañadores do VIII concurso de traballo por proxectos! Todas as persoas que traballamos algunha vez por proxectos, sabemos o difícil que é elaborar unha tarefa tan a largo prazo coma esta, coordinar o equipo, rentabilizar os tempos e que todo o traballo realizado  garantice un bo resultado, e velaí o tedes! 3 premios para 3 dos nosos centros!

          EEI SAN ROQUE
          CEIP DE CERVO
          IES PERDOURO

          Parabéns compañeirxs!

           

          13/11/22

          Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia do 2022


          Marta Pérez, á esquerda realizando a súa ponencia.

          O sábado 12 de Novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022. Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Escribir a biblioteca escolar". Unha xuntanza que falou do poder da escritura e do relato en moi diversos formatos... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias... 

           Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.


          Algunhas das integrantes da microrrede acudiron a este acto, renovando ideas e traendo consigo novas ilusións. De feito destacable, nomear a ponencia da integrante da microrrede: Marta Pérez, que presentou o programa de Radio na Biblio dentro de "Novas experiencias de lenguaxes na biblioteca". 

          Unha ponencia, marcada por unha experiencia salientable no tratamento do ámbito da radio, neste caso, na biblioteca escolar. 

          Qué sorte contar cunha equipa así de potente na micrrorrede! Parabéns pola ponencia e aires renovados para este novo curso escolar! 





          25/10/22

          A microrrede escribe unha nova folla de ruta: Comezamos!

          O martes, 25 de outubro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para dar comezo a un novo proxecto, sendo este o duodécimo. 

          A reunión realizada tanto por vía telemática como presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.

          O obxectivo central desta nova edición é remarcar o valor da escrita: para saber, para aprender, para comunicar e comunicarnos. A escrita como estímulo da creación, como guión, como post fixo para visibilizar do que ninguén fala e incluír o excluído. O papel da escrita é tan importante para coñecernos entre todxs, que este ano, ese será, o obxectivo da microrrede: Unir as nosas verbas á par que os centros. Cada centro poderá adaptar este obxectivo ao seu PDI ou a outros proxectos. 

          Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.

          No vindeiro trimestre teremos outra reunión na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.

          Moito ánimo e saúde!